Unplugged. Curso De Preveción Do Uso De Drogas Na Escola. Formación Para O Profesorado

UNPLUGGED (DESENCHUFADO) é un programa Europeo de prevención escolar do consumo de drogas baseado na evidencia dirixido ao alumnado preadolescente e adolescente. O programa está deseñado para facilitar a súa aplicación polo profesorado, con materiais didácticos atractivos e funcionais.O principal OBXECTO do curso é lograr que o profesorado coñeza as posibilidades do programa educativo Unplugged, como ferramenta de apoio para a prevención do consumo de drogas na escola.Os CONTIDOS do curso desenvolveranse en 8 horas, distribuídas en 2 xornadas para afondar sobre os seguintes eixes centrais do programa e a súa metodoloxía: empatía, asertividade, dinámicas grupais durante a adolescencia, relacións sociais, superación de dificultades, solución de problemas e toma de decisións, marcarse obxectivos, percepción normativa, información sobre alcohol e tabaco e outras drogas.Os MATERIAS proporcionados para o desenvolvemento programa son: un manual do profesorado, un caderno de traballo do alumnado e un paquete de fichas.O curso será impartido polo equipo de formación da FUNDACIÓN EDEX (Educar para vivir, educar para convivir)Datas do Curso: 28 e 29 de setembro de 2016 de 17.00 a 21.00 hLugar de Celebración: Centro de Formación e Recursos de Ourense. Av da Univesidada, 18, 32005 OurensePrazas limitadas e inscrición gratuíta:Concellería de Sanidade; r/ Concordia 20, 32003 Ourense- T. 988510622Centro de Formación e recursos de Ourense (CFR): Av. da Universidade, 18, A Cuña, 32005 Ourense- T. 988241533

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?