Selección De Provedores Para El Diseño Del Cartel Del 21 Festival De Cine Internacional De Ourense

O Concello de Ourense convida a creativos e deseñadores a participar no proceso de selección de provedores para o deseño do cartel da 21ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).Pretendemos así dar a oportunidade para que todos os deseñadores que o desexen podan optar á adxudicación do contrato, a maiores dos que ata agora, por iniciativa propia, presentaran propostas ao Concello.O formato non é concurso polo que non hai unhas bases, ainda que será de utilidade consultar as bases do festival, xa que este ano presenta novidades significativas na súa competición.Os orixinais deben ser inéditos e recomendamos que se presenten impresos e pegados sobre cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50×70 adoptando forma vertical. Tamén se poderán presentar por correo electrónico enviado a rexistroxeral@ourense.es, asinado co certificado dixital que expide a FNMT.Os traballos quedarán en poder do Concello de Ourense.A creatividade deberá incluir os seguintes logos: Concello de Ourense (www.ourense.gal ) e OUFF (www.ouff.org ), así como as datas de celebración (do 28 de outubro ao 5 de novembro de 2016). O contrato está valorado en 1.200 euros máis IVE.O logo do Concello deberá ocupar un 75% da franxa superior e terá un espazo libre igual ou superior a 5 cm de alto no seu borde inferior para que con carácter anterior á impresión, se podan incorporar os logotipos e lendas que considere oportunos.Consulta as bases do festival en www.ouff.org e www.ourensecultura.com

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?