Ourense Xove 2015

”OURENSE XOVE 2015”- Programación para mozas e mozos maiores de 15 anosA Concellería de Xuventude pon en marcha novos cursos, dirixido a mozos e mozas a partir de 15 anos, recollido na programación de formación desenvolvida por esta área. A Concellería de Xuventude, busca estimular e favorecer a participación social dos xoves a través dunha actuación de carácter educativo e lúdico. Por este motivo, prográmanse cursos e actividades formativas que garantan unha aprendizaxe activa e creativa, e lles proporcione formación para o emprego e adquisición de habilidades tranferibles a outras profesións, facilitando a reconversión profesional.Ademáis, búscase desenvolver e afianzar a madurez persoal mediante a adquisición de hábitos e capacidades que lles permitan participar como traballadores e cidadáns responsables, no seu traballo e na sua actividade social e cultural.As actividades desenvolverasen maioritariamente no Espazo Lusquinhos da Mocidade en horarios de mañá e tarde, distribuíndose en varias áreas de formación:FOMENTO E EMPREGABILIDADECoaching para a procura do emprego. Técnicas de MotivaciónEducación da voz e do discurso no eido laboral.Monitor de Tempo LibreDirector deTempo Libre IDIOMAS (para a búsqueda do emprego)Inglés básicoInglés avanzado (maioritariamente conversación)Iniciación ao AlemánCOCIÑACociña saudable no NadalObradoiro de galletas e cupcakesLECERRuta Micolóxica-Coñece o mundo dos cogumelosObradoiro de montaxe e coñecemento de coches de Slot.Taller de Impresión 3DEXPRESIÓN-ARTE (Programa de actividades orientado a formación musical)Autoxestión e Autopromoción MusicalCreación de Cooperativas culturaisMantemento e axustes de guitarras e baixosMantemento e afinación da BateríaTaller de Home StudioASOCIACIONISMO(cursos destinados a AAXX)Elaboración de memorias e xustificacións de proxectos Recursos Europeos para AAXXO prazo para inscribirse ábrese o xoves 15 de outubro dende as 09:00 da mañá, e destacar que case todas as actividades serán de balde e a admisión será por orde de entrega das solicitudes, tanto por correo electrónico como nas dependencias da Concellería de Xuventude.

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?