Laboratorio De Propostas Xuvenís

Dende a Concellería de Xuventude do Concello de Ourense arranca unha nova iniciativa para motivar a participación xuvenil na cidade. É o “Laboratorio de propostas xuvenís”. O seu obxectivo é abrir as programacións da Concellería de Xuventude ás propostas de todos grupos xuvenís organizados, autónomos ou empresas que queiran participar.Con esta iniciativa intentaremos ampliar e mellorar entre tod@s a oferta de actividades xuvenís da nosa cidade e darémoslle gran importancia aos proxectos innovadores.Neste LABORATORIO caben todo tipo de propostas: cursos, obradoiros,exhibicións,charlas,saídas,viaxes,animacións,exposicións,representacións,concertos,concursos,festivais,maratóns e outras actividades de ocio xuvenil, animación sociocultural e educación non formal referidas un amplo abanico de ámbitos: música, audiovisuais, TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), plástica e manualidades, expresión corporal e danza, natureza e medio ambiente, cultura, solidariedade, deportes, emprego, desenvolvemento persoal e de grupos, saúde e sexualidade, turismo e calquera outro ámbito que sexa considerado de interese xuvenil.O ámbito de actuación, maioritariamente, terá que ser na cidade de Ourense e daráselle prioridade ás proposta presentadas por entidades,autónomos ou empresas, con domicilio fiscal na nosa cidade.Queremos propostas feitas por e para @s moz@s.Queremos unha cidade participativa e emprendedora!!!Queremos contar con vos!!!!.ANIMÁDEVOS !!!!!!!

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?