Embárcate 2016. Actividades Alternativas Para O Tempo De Lecer

Un ano máis, a Concellería de Xuventude do Concello de Ourense, abre o prazo de inscrición ao programa EMBÁRCATE que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto, co obxectivo de ser unha alternativa máis ao ocio estival para a mocidade de Ourense. Téntase por unha banda, servir de alternativa de ocio aos xóvenes que permanecen na nosa cidade durante o verán e, por outra banda, fomentar os valores do deporte, coñecemento da natureza e a convivencia.OBXECTIVOS: Fomentar a actividade física e os hábitos saudables entre a xuventudeAdquirir valores como o respeto ó entorno natural o compañeirismo e o traballo en equipo, así como a afición polas actividades deportivas acuáticas e a natureza, o patrimonio etnográfico-cultural e a conservación do medio ambiente.Ofertar actividades de tempo libre como oportunidade de disfrute durante os fins de semana.ACTIVIDADES”Saudando ao sol”Experimenta o ioga e a meditación nun espazo urbán libre de asfalto e sinte a vibración do son de instrumentos sagrados.Sesións de ioga e pilates, relaxación e meditación series dinámicas, adaptadas ao grupo, de fortalecemento, estiramento e harmonización dos chakras, guiadas dende a respiración, co fin de lograr una maior consciencia corporal, claridade mental e saúde física e emociona. Unha forma de comenzar o día harmonizándote coa naturezaDirixido a: mozos e mozas maiores de 15 anosNº de participantes: 20 mozos e mozas.Nº de horas: 15 h Datas: luns e mércores 18,20,27 de xullo, 1,3,8,10,17 ,22 e 24 de agostoHorario: de 10:30 a 12:00Lugar de realización: Parque Barbaña e zona TinteiroPrezo: de baldeO que precisades levar: Roupa cómoda (preferiblemente algodón),esterilla,1 mantiña.SÁBADOS DE AVENTURA Barranquismo e Rafting en augas bravasEsta actividade de aventura consiste na realización de Descenso de Canóns (barranquismo) e Rafting no Miño por augas bravas en balsa inchable.O Barranquismo é unha das actividades de aventura máis completas e emocionantes, xa que consiste en descender polo cauce dun rio camiñando saltando, nadando, permitindo coñecer lugares de riqueza natural única.O Rafting consiste no descenso do río Miño de augas bravas navegando en balsa inchable, dirixidos por un guía.Dirixido a: mozos e mozas maiores de 18 anosNº de participantes: 20 mozos e mozasLugar de realización: ArboData: sábabo 23 de xulloHorario: Saída desde o Parque de San Lázaro ás 08:30 da mañá.Prezo: de baldeInclúe: Barranquismo no río Cerves + picnic + Rafting no Miño + desprazamentoO que precisades levar: zapatillas con sola de goma ou escarpíns, bañador, camiseta, toalla, roupa e calzado para cambiarse, crema solar, gafas de sol.Programa: pola mañá, barranquismo pola tarde, rafting en balsa inchable.Coñece o Miño en KayakA actividade consiste en realizar un paseo polo Miño en Kayak dende Castelo de Miño ata o Balneario de Laias, onde os participantes poderán acceder á piscina termal.Dirixido a: mozos e mozas maiores de 18 anosNº de participantes: 20 mozos e mozasLugar de realización: Entre Castelo de Miño e LaiasData: sábabo 6 de agostoHorario: Saída desde o Parque de San Lázaro ás 09:00 da mañá.Prezo: de baldeO que precisades levar: zapatillas con sola de goma ou escarpíns, bañador, camiseta, toalla, roupa e calzado para cambiarse, crema solar, gafas de sol.

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?