Conmemoración Do Día Internacional Do Voluntariado

DÍA 5 de decembro conmemorase o DIA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO, polo que dende a OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO temos preparadas varias actividades GRATUÍTAS ao longo dese día, dirixidas a todos os voluntarios e voluntarias da cidade de Ourense, así como á cidadanía en xeral.Este ano conmemoraremolo conxuntamente con numerosas entidades de acción voluntaria da nosa cidade.As actividades que se realizaran o DIA 5 DE DECEMBRO son:As 11:00h darase lectura dun manifesto por parte da Concelleira de Voluntariado, Dna Mónica Vázquez Blanco, no Auditorio Municipal ao que acudirán as distintas autoridades políticas que compoñen o Concello de Ourense así como os distintos representantes das entidades de acción voluntaria da nosa cidade.A partir das 11:30h poderase visitar a FEIRA DE ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA da nosa cidade, na que cada unha delas dará a coñecer as súas actividades e accións que estan a facer.As 12:00H terá lugar a obra de teatro ANTIA WAMBA E O REGATO PEQUENO (contos para todo o mundo e para un mundo de todos) da compañia A TROPA DE TRAPO.As 19:30H terá lugar outro espectáculo a cargo de LUSCO E FUSCO :ENCONTROS ( espectáculo gañador do premio do xurado do Festival de Valladolid), consiste nunha mestura de danza, clown, acorbacias e malabares no que tampouco se esquece o humor.As 20:30H pecharemos as actividades contando coa presenza de SERGIO PAZOS que nesta ocasión presentaranos o monólogo ¿EU TAMEN FUN VOLUNTARIO.

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?