Actividades Da Semana Do Medio Ambiente (31 Maio A 5 De Xuño)

Como cada ano o Concello de Ourense organiza diversas actividades para conmemorar o día Mundial do Medio Ambiente. Se realizarán actividades en diferentes puntos da cidade para concienciar a población en xeral e aos mais pequenos en particular da importancia de conservar o Medio Ambiente.Moitas das actividades están pensadas para disfrutar en familia da natureza nos nosos parques e ríos.Todas as actividades son gratuitas pero nalgunhas é preciso a inscricion: No obradoiro de fotografía da natureza, no Explora Montealegre e na I Xornada de voluntariado ambiental polo río Miño.Martes 31 de maio: 18:00 – 20:30. Eco Xincana ”A liga dos xusticieiros ambientais”. Praza Diego Glez Blanco. Durante esta eco-xincana se representará unha situación de catástrofe ambiental onde haberá diferentes espazos e persoaxes caracterizados. Haberá unha introducción teatralizada para motivar aos participantes a meterse no rol de xusticieiros ambientais, Participarán en grupos, fomentando o traballo en equipo superando as probas propostas que representarán hábitos saudables para a conservación do Medio Ambiente. Actividade para todos os públicos, non é preciso inscrición previa.Mércores 1 DE xuño: 18:00 – 20:30. Obradoiro ReciclArte, ”Antía e a fada das mil sementes”. Parque Barbaña. Obradoiro dinámico e teatralizado con varios persoaxes que nos axudarán a concienciar e sensibilizar aos nenos e nenas en aspectos de sostibilidade e reciclaxe. A actividade comenzará cunha representación teatralizada de ”Antía e a fada das mil sementes” e para continuar os nenos e nenas elaborarán diferentes obxectos a partir de materiais de refugallo (instrumentos musicais, bolsos, prismáticos, animais, marcos de fotos…)Xoves 2 de xuño: 18:00 – 20:30. Obradoiro ReciclArte, ”Antía e a fada das mil sementes”. Parque San Lázaro.Venres 3 de xuño: 18:00 – 20:30. Obradoiro Aprende a xogar en familia na natureza. Parque Anxelita Paradela. Neste obradoiro ensinaremos aos pais e nais diferentes xogos, dinámicas, técnicas e obradoiros para facer cos seus fillos e fillos na natureza. Dotaremos ás familias de un amplo abano de actividades a facer, que tamén levaremos á práctica nas que demostraremos a importancia de xogar en familia na natureza.Sábado 4 de xuño: 10:30 – 14:00. Xincana de orientación ”Familias exploradoras”. Saida do Parque Barbaña.Esta actividade recorreremos distintas zonas do municipio, nas que pais, nais e fillos traballarán en equipo discubrindo rastros ocultos da natureza. Terán que ir recopilando restos da natureza, diferentes tipos de follas, piñas, froitas do bosque, restos de animais…De xeito sinxelo ensinaremos ás familias a identificar as especies vexetais e animais que podemos encontrar 16:30 – 19:00. Obradoiro Fotografía da Natureza. Parque Botánico de Montealegre. Este obradoiro vai dirixido a todos aqueles aleccionados ou profesionais que queiran descrubrir o mundo da fotografía da natureza e aprender todo o que se precisa para obter fotografías de calidade da paisaxe e dos animais.Domingo 5 de xuño: 9:00 – 13:30. I Xornada de voluntariado ambiental polo río Miño. Saida do Pavillón dos Remedios. Xornada organizada polas concellerias de Voluntariado e Medio Ambiente en colaboración de Viaqua na que voluntarios recorrerán as beiras do río Miño nas que se limpará o contorno, co obxectivo de concienciar da importancia de reducir a contaminación nos ecosistemas fluviais.11:30 – 13:30. Explora Montealegre. Parque Botánico de Montealegre. O coñecemento das nosas árbores maís típicas será o fín dunha esta xornada de xogo na que os rapaces buscarán un tesouro polo parque.Necesaria inscripción na web www. botanicodemontealegre.com18:00- 20:00. Explora Montealegre. Parque Botánico de Montealegre. Necesaria inscripción na web www. botanicodemontealegre.com17:30 – 18:30 Teatro.  ”El Cuento mágico”. Compañía Blanca Marsillach. Lugar: Auditorio. Obra de teatro gratuita para todos os públicos sobre temática de medio ambiente e reciclaxe. Gratuito ata completar aforo.19:00 ¿ 20:00 Teatro.” El Cuento mágico”. Compañía Blanca Marsillach. Lugar: Auditorio. Obra de teatro gratuita para todos os públicos sobre temática de medio ambiente e reciclaxe. Gratuito ata completar aforo.

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?