Teatro – “Unha Historia Con Pau” – Recadación A Beneficio De Auxilia Lugo, Con Hipócrita Teatro

Auditorio Gustavo Freire
19:00 horas
AUXILIA Lugo en colaboración con Hipócrita Teatro levarán a escena Unha historia con Pau
Unha historia con pau retrocede no tempo para mostrarnos o máxico encanto do pau dunha vasoira, un pau que pode ser un cabalo, unha espada, unha muleta ? mesmo unha buxaina, por que non? Unha homenaxe ás mentes emprendedoras, aos nenos e nenas de 3 a 100 anos (ou máis) que manteñen a habilidade de tecer os seus soños cos fíos da perseveranza.
FICHA TÉCNICA
Título: Unha historia con PAU
Representada por: Hipócrita Teatro
Lugar: Auditorio Gustavo Freire
Data: 25 de maio de 2013
Hora: 19:00
Público: de 3 a 100 anos
Prezo entrada: 5 Euros (a beneficio de AUXILIA Lugo)
Unha historia con PAU
Texto: Xavi Loureiro e María J. García
Dramaturxia: Elea López
Escenografía, vestiario e caracterización: María J. García
Confección vestiario: Inés Rodríguez
Música, sons e iluminación: Juan Rivas e Iván Magide
Deseño gráfico: Juan Rivas e María J. García
Axudantes de dirección: Oscar Alba e Elea López
Dirección: Carlos Rebolo
AUXILIA Lugo é unha entidade de voluntariado que ten como obxectivo a promoción social e cultural de persoas con discapacidade física e as súas familias.
Leva máis de 40 anos de traballo en Lugo, e como moitos lembrarán, os seus inicios estiveron ligados ao fomento da cultura e tradicións galegas, foi nesta entidade onde se xestaron grupos coma “Fuxan os Ventos´´
A entidade sempre participou de destacados eventos culturais e participou activamente na promoción da cultura.
A Obra teatral é benéfica.

Array

Escribe tu opinión

Debes estar conectado para escribir una opinión.

¿Informar esto?

Enviar a un amigo

Enviar consulta

Reclamar Punto

¿Cuál es el proceso de reclamo?